Ir al contenido principal

Os xardines do Pazo da Carballeira de Gandarón


pazo da Carballeira de Gandarón é un pazo situado na parroquia de Salcedo (Pontevedra) e que na actualidade abeira a Misión Biolóxica de Galicia.
Foi edificado no século XVIII polo que foi arcebispo de Santiago de Compostela Sebastián Malvar e Pinto, natural de Salcedo. Dende 1928 é a sede da Misión Biolóxica de Galicia fundada pola Xunta de ampliación de estudos en 1921. Dende 1970 as instalacións e laboratorios atópanse nun edificio adxacente de nova construción, obra de Alejandro de la Sota.








Misión Biolóxica de Galicia é un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas situado na parroquia de Salcedo no concello dePontevedra. Na actualidade conta con 13 científicos e 7 investigadores postdoctorais entre o seu persoal. As súas instalacións constan de tres edificios principais e varios secundarios, dispostos nunha parcela de doce hectáreas propiedade da Deputación de Pontevedra. O financiamento da Misión Biolóxica provén fundamentalmente dos orzamentos xerais do Estado e da Deputación de Pontevedra.











A Misión Biolóxica de Galicia foi creada pola Xunta para Ampliación de Estudios e Investigacións Científicas en abril de 1921. A súa primeira sede foi a Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela, dirixida por Cruz Gallástegui. A Misión permaneceu en Compostela ata 1926, cando desapareceu a Escola de Veterinaria. En 1927 a Deputación de Pontevedra ofreceulle un novo local á Misión Biolóxica, que se traslada primeiro a Campolongo e máis adiante ó pazo que foi do arcebispo Malvar en Salcedo, onde permaneceu ata hoxe.











O edificio orixinal da finca era o pazo  de Gandarón, que contaba ó comezo cun hórreo, un pombal, dous miradores e varios celeiros e cortellos. Para adaptalo ó seu novo uso, o edificio sufriu reformas que o transformaron en oficinas e laboratorios. Posteriormente construíronse naves destinadas para a cría de porcos, que máis adiante foron reconvertidas en laboratorios e oficinas.
  • Parcela. Consta de doce hectáreas, das que dez son cultivables. Está dividida en lotes cuxa división e denominación obedecen ó seu uso orixinal. Nun deles consérvase un bosque autóctono e outros están dedicados a xardíns, nos que destaca a colección de camelias. Na parcela hai varias construcións, entre as que destacan un cenador, un estanque e diversos conxuntos de mesas e bancos de pedra. Consérvanse tamén un hórreo e un lagar.
  • Pazo da Carballeira de Gandarón. Foi construído polo arcebispo Sebastián Malvar a finais do século XVIII como residencia familiar.
  • Edificio Miguel Odriozola. Foi construído na década de 1940 para a cría de porcos, dentro dunha liña de investigación sobre xenética animal iniciada por Miguel Odriozola na anterior década. Ó se extinguir esta investigación en 1987, decidiuse a remodelación do edificio, que foi realizada entre 2002 e 2003 polo arquitecto Mauro Lomba.
  • Edificio Cruz Gallástegui. Foi construído na década de 1960 polo arquitecto Alejandro de la Sota, sendo a primeira obra deste arquitecto. A súa construción tiña por obxecto albergar as oficinas que ata o momento estaban no pazo. O edificio foi ocupado en 1969.






O obxectivo xeral da Misión Biolóxica é desenvolver material xenético para a agricultura que teña menores necesidades de abonado e rego, que sexa tolerante ó estres biótico e abiótico e que teña maior calidade. Paralelamente inténtase profundar no coñecemento daqueles procesos xenéticos que interveñen na adaptación e na evolución, na resistencia ó estres e na calidade das especies vexetais cultivadas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Hormonas de enraizamiento ecológicas

- Podemos aprovechar las hormonas que las semillas generan para su propia germinación. - Tradicionalmente se encajaba un grano de maíz en una hendidura practicada  en la base del esqueje.  Esta semilla al germinar generaba hormonas de enraizamiento que favorecía al esqueje. - Se puede usar soja, mijo, trigo, lentejas... en general cereales y leguminosas. - Usamos por ejemplo las lentejas porque son muy rápidas y seguras.

- Las ponemos a remojo en un bote de yogurt. Una parte de lentejas por cuatro de agua, durante 48 horas.


- Una vez germinadas, las pasamos por la batidora con el agua de su propia germinación. - Con este caldo podemos embadurnar los pies de los esquejes o empapar con él los
alrededores de los esquejes ya plantados. - Estas hormonas naturales se degradan fácilmente con la luz por lo que es mejor que el germinado tenga lugar en la oscuridad, y apliquemos el caldo inmediatamente. - Otra forma mas sencilla de usar las lentejas es enterrar unas cuantas junto con cada esqueje. Agua …

Plantas en el Ártico: la supervivencia del más apto

Sólo plantas resistentes pueden sobrevivir a fuertes vientos y fríos intensos en tierras polares. Las plantas con más éxito son simples, como musgos o líquenes. Crecen formando alfombras compactas y bajas  para evitar la congelación, captar la humedad disponible y ser aplastados por la nieve o el hielo.

     El verano al ser corto, las plantas florecen y crean semillas con rapidez antes de que regrese en invierno.. Hay pocos insectos, por eso muchas plantas se reproducen a partir de partes de sí misma como estolones o bulbos.

- Loiseleuria procumbens:



- Musgo:


- Sisynchium filifolium (Pálida doncella):

Esta planta subantártica de la familia del iris tiene hoja de tipo herbáceo. Puede almacenar nutrientes en sus raíces carnosas bajo tierra. Esta capacidad contribuye a su supervivencia y a crecer con rapidez en primavera.

- Artemisia borealis:


- Calandria feltonii:

- Primula scandanavica (Prímula del norte):

- Deschampsia cespitosa:

Amaryllis, las "Damas desnudas"

En el otoño Sudafricano, grandes extensiones de El Cabo se salpican de un rosa sorprendente debido a la floración concentrada de la floración Amaryllis belladona.

No hay hojas para disminuir el impacto, no aparecen hasta después de la floración, lo que le ha valido el apodo local de “damas desnudas”. En naturalista sueco Carl von Linneo bautizó la planta en honor a Amaryllis, una pastora de la poesía clásica, y la palabra latina belladona, que significa “bella dama”.  El nombre amarilis se da comúnmente a los híbridos de Hippeastrum. Estas derivan de especies silvestres que crecen en Sudamérica y América Central, como la H. vittatum de los Andes peruanos. Aunque se incluyeron originalmente en el género Amaryllis, se han transferido a su propio género, que solo se encuentra en las Américas. Otras amarilis ( es decir, familia: Amaryllidaceae) de origen sudamericano se han hecho populares en jardines de áreas libres de heladas, como la Zephyranthes, "Flor del Viento del Oeste"…