Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo 30, 2012

1ª Xornada de Traballo "O rural que queremos" 2 de xuño

A Casa de Cultura do Salgueiral, na parroquia pontevedresa de Bora, vai acoller unha xornada de traballo o vindeiro 2 de xuño de 09:30 a 14:15 horas, co lema “O rural que queremos: experiencias e propostas para a súa custodia e posta en valor. Asociacións, empresas e veciños para a dinamización do rural”. Tal e como explica a páxina de Anias, a empresa de xestión sociocultural que organiza esta sesión, e que conta co apoio do Concello de Pontevedra, o obxectivo é reunir a representantes de diversas iniciativas privadas, sexan con ou sen ánimo de lucro, para que conten e compartan co público a súa experiencia de traballo, encamiñada a “activar e potenciar os recursos económicos e o tecido social do rural”. Así, as entidades que participarán son: Hifas da Terra, unha empresa de Bora que se adica á produción ecolóxica de cogomelos; Ancares de meu, unha cooperativa que organiza rutas turísticas pola montaña lucense; a Fundación Fragas do Mandeo, que custodia a biodiversidade da bisbarra cor…