Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril 16, 2012

Andaina pela Parroquia de Salcedo (Pontevedra)

Camiña é undos deportes máis saudables, económicos e doados de practicar que existen. O Concello de Pontevedra realiza uma serie de rutas guiadas de dificultade media a baixa, cunha duración media de tres horas, coñecendo valors naturais e culturais de municipio e doutros lugares próximos.

Xa Castelao admirou estas terras
"Para sentir o orgullo de ser fillo da terra máis fermosa do mundo, eu rubo ao pinal de Matalobos, que está enriba da eirexa de Salcedo. Séntome nas pedras do valado, e chanto os ollos na ría que durme ante veigas e florestas. Asisto á transformación d-un día de sol en noite de luar. Ali sinto como en ningures a necesidade cósmica da patria e sei que son un amaquiño de eternidade galega. ¡Meu Pontevedra!
As cruces de pedra na Galiza é o título dun detallado estudo publicado por Castelao no que se describe a historia, significado e tipoloxía dos cruceirosgalegos, así como doutras cruces de pedra.