Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2012

1ª Xornada de Traballo "O rural que queremos" 2 de xuño

A Casa de Cultura do Salgueiral, na parroquia pontevedresa de Bora, vai acoller unha xornada de traballo o vindeiro 2 de xuño de 09:30 a 14:15 horas, co lema “O rural que queremos: experiencias e propostas para a súa custodia e posta en valor. Asociacións, empresas e veciños para a dinamización do rural”. Tal e como explica a páxina de Anias, a empresa de xestión sociocultural que organiza esta sesión, e que conta co apoio do Concello de Pontevedra, o obxectivo é reunir a representantes de diversas iniciativas privadas, sexan con ou sen ánimo de lucro, para que conten e compartan co público a súa experiencia de traballo, encamiñada a “activar e potenciar os recursos económicos e o tecido social do rural”. Así, as entidades que participarán son: Hifas da Terra, unha empresa de Bora que se adica á produción ecolóxica de cogomelos; Ancares de meu, unha cooperativa que organiza rutas turísticas pola montaña lucense; a Fundación Fragas do Mandeo, que custodia a biodiversidade da bisbarra cor…

Visita ao Xardín Botánico de Lourizán (10 de Maio)

Visita guiada ao Xardín Botánico do Centro de investigación Forestal de Lourizán. Realizadas por personal especializado, ao longo do percorrido poderá visitarse o arboredo de Lourizán creado en 1949 como un centro de investigación pero tamén cun carácter didáctico e recreativo.

Nas 36 ha que ocupa o Xardín Botánico poderán verse algunhas das árbores máis sobresaíntes da finca como buxos de máis de 200 anos, araucarias, sequoias, cedros,etc.



Saídas:
20 me maio, 10:00 h
2 de xuño, 17:00 h
10 de xuño, 10:00 h
28 de outobro, 10:00 h
4 de novembro, 10:00 h
Inscrición previa

50 prazas por visita

Video de Lourizan con música de Luar na lubre



Inscricións na oficina de medio ambiente natural (rúa Churruchaos 2), no correo medionatural@pontevedra.eu ou no teléfono 986 100 185.